Blog
Global Pez e a súa importación de peixe conxelado, a peme viguesa do ano.
A lura xigante, o polbo, os ovos de peixes voadores ou a anguía forman parte do amplo catálogo de Global Pez. Unha empresa con catro anos de vida galardoada en Vigo co premio PYME 2017, un recoñecemento da Cámara de Comercio e do Banco Santander polo traballo económico das pequenas e medianas empresas. Na actualidade, con cinco empregados e cun centro neurálxico en Vigo, fornecen peixe conxelado aos principais mercados europeo, africano e ruso.
O obxectivo de Global Pez é expandir o negocio, aínda que para iso terá que loitar contra dificultades que preocupan a nivel mundial, como a escaseza de materias primas nos principais caladoiros. Unha gama de produtos variada e clave para a internacionalización, que se orixina principalmente en Perú